Acceso a AWS Educate como alumnado rexistrado
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Para acceder ó panel de AWS Educate teremos que ir a: https://www.awseducate.com/signin/SiteLogin
- Accederemos coa conta do IES San Clemente e o contrasinal que puxemos na activación da conta.
- Unha vez dentro poderemos ver información xeral sobre formación, empregos, etc..
- Para acceder ós recursos da conta AWS Educate, teremos que pulsar no enlace superior AWS Account.
- Nesta páxina poderemos ver os créditos dispoñibles e cando caducan os nosos créditos (1 ano dende a creación da conta AWS Educate).
- Pulsaremos no botón AWS Educate Starter Account:
- Teremos que aceptar os termos pulsando I Agree na nova páxina cós termos e condicións que nos apareza.
- Unha vez aceptados os termos veremos os créditos dispoñibles de novo e un botón para acceder á consola de Amazon AWS Console:
- Se pulsamos no botón AWS Console accederemos á consola de Amazon (onde poderemos crear máquinas virtuais EC2, bases de datos, etc..)
- Tede en conta que a zona por defecto é Norte de Virginia en USA, e non se pode cambiar nas AWS Educate Starter Account.