Introducción a AWS Educate

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

QUE É AWS EDUCATE?

AWS Educate proporciona aos estudantes e profesores acceso gratuíto á tecnoloxía AWS, cursos na nube, ferramentas de formación e colaboración para desenvolver a próxima xeración de profesionais da tecnoloxía na nube.

As rutas profesionais na nube proporcionan aos estudantes acceso a créditos, formación e a opción de escoller a súa carreira na nube. 'AWS Educate' ofrece un camiño personalizado que inclúe contido, comprobacións de coñecemento e insignias que lles guían durante o proceso de aprendizaxe.

Que é AWS Academy?

Ofrece un currículo AWS para institucións educativas con formación "post-secundaria" para axudar aos estudantes a desenvolver habilidades de computación na nube baixo demanda e prepararse para a certificación AWS recoñecida pola industria da nube.

A proposta de Amazon AWS no ámbito educativo é clara con estes dous programas e a integración en ciclos é un traballo moi interesante que complementa os contidos dos módulos impartidos.

  • En Galicia a data de 18/10/2020 somos o primeiro centro educativo de Formación Profesional rexistrado no programa "AWS Educate".
  • Actualmente só aparecen na lista PDF o departamento de electrónica e informática da Universidade de Santiago de Compostela e o departamento de Informática da Universidade da Coruña.
  • A lista de centros rexistrados pode consultarse en: https://s3.amazonaws.com/awseducate-list/AWS_Educate_Institutions.pdf
  • Este programa facilita o uso das tecnoloxías de Amazon ó alumnado e profesorado do IES San Clemente, de xeito gratuito (sen a necesidade de introducir ningunha tarxeta de crédito).
  • En principio otórganse unha serie de créditos para poder facer uso dos servizos cloud que Amazon ofrece durante 1 ano. A parte deses servizos que se poden empregar usando eses créditos, hai a posibilidade por exemplo de ter unha máquina virtual gratuita funcionando durante 1 ano (f1-micro). Pódense ver os servizos otorgados na capa gratuita en: https://aws.amazon.com/es/free/?all-free-tier.sort-by=item.additionalFields.SortRank&all-free-tier.sort-order=asc

Restriccións das contas AWS Educate Starter Account

  • PDF con información das restriccións das contas AWS Educate: https://awseducate-starter-account-services.s3.amazonaws.com/AWS_Educate_Starter_Account_Services_Supported.pdf
  • A rexión predeterminada é a de Norte de Virginia en USA e non se pode cambiar.
  • Estas contas de inicio de AWS Educate son xestionadas por un terceiro (chamado Vocareum). Os termos e condicións entre os estudantes e Vocareum non son os mesmos que ofrece Amazon no seu nivel gratuíto, e é por iso, que o nivel gratuíto que ofrece Amazon por defecto para as contas normais, non se pode aplicar ás contas AWS Educate.
  • Non se precisa tarxeta de crédito para as contas de AWS Educate, xa que se ofrecen créditos promocionais (100$) na mesma conta para cada estudante.
  • Cando se esgota o saldo da conta, péchase a conta e elimínanse os servizos ou outros recursos da conta.