Políticas de seguridade en contrasinais

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Para poder acceder á rede do IES San Clemente, unha vez que accedemos con contrasinal por defecto, solicitaranos crear un novo contrasinal de acceso.

Ese contrasinal ten que cumprir as seguintes restriccións:

  • Algunha letra maiúscula.
  • Mínimo 8 caracteres.
  • Algún símbolo de puntuación (,.;:-?=)(/&%$, etc..)
  • Algún número.
  • Non pode conter texto referente ó seu nome, apelidos ou o nome de usuario.



# Unha forma fácil de crear un bo contrasinal pode ser pensar nunha frase, por exemplo:
# "Estou farto de pensar nun contrasinal para acceder ó sistema"

# Collemos as iniciais das palabras da frase e engadímoslle algún símbolo e números.
# E obteremos un contrasinal como o seguinte:

  Efdpncpaos&-8