Diferencia entre revisiones de «Manual configuracion proxy rede»
Sin resumen de edición |
(Sin diferencias)
|
Revisión actual - 08:43 18 sep 2025
Configuración do proxy para acceso a Xunta de Galicia
- Para unha correcta navegación polas páxinas do centro e especialmente nas páxinas da Xunta de Galicia, recoméndase configurar o proxy dos navegadores web correctamente.
- En Windows por defecto o proxy xa está configurado para os navegadores Google Chrome e Internet Explorer. Coa opción Usar a configuración do proxy do sistema, funciona correctamente.
- Para outros navegadores poderase activar a opción de Autodetectar configuración del proxy para esta red, ou Usar la configuración del proxy del sistema ou ben configuralo de xeito manual (por exemplo en equipos con LINUX).
En sistemas operativos LINUX haberá que configuralo de xeito manual, aínda que tamén a configuración de autodetección funciona correctamente dependendo do sistema empregado e sempre e cando a IP sexa asignada dinámicamente polo servidor DHCP do centro.
Configuración de proxy para dispositivos móviles, tablets de tipo IOS ou Android
Nos dispositivos móviles, tablets, ipads, etc... para que funcionen correctamente as páxinas da Xunta hay que configurar o Proxy Rede na conexión WIFI.
Para iso temos que ir á configuración da Wifi do IES San Clemente (SCT_Alumnos ou SCT_Profes) e nas opcións ou información da conexión teremos que buscar o apartado "Configurar proxy" e teremos que seleccionar a opción "Configuración Automática" e introducir a seguinte URL:
Exemplo de configuración en dispositivo IOS
- Estas configuracións do proxy son necesarias si traballamos con conexión wifi en dispositivos móbiles ou con equipos Linux.
- Traballando con Windows nos equipos do centro non é preciso facer ningún cambio.
Configuración do proxy en Linux Debian
- Para acceder ás páxinas da Xunta en Debian é necesario configurar o proxy do IES San Clemente.
- Deste xeito xa non é preciso configurar o proxy nos navegadores.
- Seleccionamos configuración automática e a URL de configuración é: http://10.0.0.2/proxy.pac
Configuración do proxy en Firefox
Ir a Opciones:
Tecleamos proxy en el buscador de opciones:
- Pulsar en Red -> Configuración...
- Podemos probar a marcar a opción "Autodetectar configuración proxy para esta rede", e comprobar si xa funciona a conexión á Xunta: https://www.xunta.gal/portada
- Se aínda así non funciona entón teremos que facelo manualmente e introducir en URL para la configuración automática de proxy a seguinte dirección:
http://10.0.0.2/proxy.pac
Configuración do proxy en Chrome
O navegador Chrome soe detectar automáticamente a configuración do proxy, pero si non accede correctamente ás páxinas web da Xunta faremos o seguinte:
Pulsar no icono superior dereito para ir Configuración:
Teclearemos no buscador de opcións proxy:
- Podemos probar a marcar a opción "Detectar la configuración automáticamente", e comprobar si xa funciona a conexión á Xunta: https://www.xunta.gal/portada
- No caso de que non vaia entón marcar a opción Utilizar scripts de configuración automática e introducir un dos seguintes enderezos:
http://10.0.0.2/proxy.pac
ou éste outro:
http://proxy/proxy.pac







