Manual pack de benvida ó IES San Clemente
Nova versión en PDF enviada directamente ó profesora durante a toma de posesión.
|
Recomendacións se é a primeira vez que accedes ó IES San Clemente | |
| INFORMACIÓN XERAL | |
| 0 | O acceso á rede do IES San Clemente está totalmente centralizado. |
| 1 | Para acceder aos computadores do IES San Clemente necesitamos ter un nome de usuario e contrasinal. Se somos estudantes eses datos serán facilitados no inicio do curso. Se somos profesores teremos que rexistrarnos no CECASACLE. |
| 2 | Dispomos de 3 plataformas educativas de Teleformación.
|
| 3 | Acceso ás plataformas educativas:
|
| 4 | Os profesores ficharán a asistencia ó centro a través da plataforma da plataforma de Bacharelato (https://www.iessanclemente.net) có usuario e contrasinal facilitado polas persoas encargadas da súa xestión. Non confundir co usuario e contrasinal empregado para acceder aos computadores do centro. |
| 5 | Os profesores e alumnos que usen a plataforma de Ciclos Formativos Presenciais (https://mestre.iessanclemente.net) terán que acceder a primeira vez co seu usuario e contrasinal, cumprimentar o formulario con datos extra e o e-mail de contacto (recoméndase deixar o de @iessanclemente.net). |
| 6 | Una vez rexistrados na plataforma, os profesores terán que facilitar á persoa encargada os datos dos módulos que imparte para que proceda a rexistra-los como profesor deses módulos no Mestre.
|
| 7 | Todos os usuarios alumnos/profesores/pas… etc. terán un usuario e contrasinal que lles permitirá acceder ós recursos dispoñibles na rede, entre os que destacamos:
|
| 8 | Para poder usar as impresoras do centro, simplemente teremos que agregar o Dispositivo ou Impresora buscando no Directorio a zona e a impresora que queremos agregar. No caso dos profesores recoméndase empregar as fotocopiadoras da sala de profesores e 2ª planta. |
| 9 | As fotocopiadoras da sala de profesores e 2ª planta tamén dispoñen de servizo de escáner que permiten enviar os documentos dixitalizados á carpeta Escaner da unidade común para profes. Na conserxería tamén se facilita dito servizo. |
| 10 | Para usar a cabina de audio hai que reservar a data e hora na conserxería. Se está libre poderase empregar en calquera intre. Os alumnos que desexen empregar dito servizo terán que falar co profesor correspondente que se encargará de face-la reserva. |
| 11 | Temos un servizo de acceso WIFI gratuíto para todos os usuarios pertencentes ó centro. Os usuarios terán que acceder co seu usuario e contrasinal da rede do instituto, aceptar e instalar o certificado e a partir dese intre o móvil ou dispositivo conectarase automaticamente á rede cando esté dispoñible.
|
| 12 | Alumnos e profesorado do centro teñen acceso ó programa Google Apps for Education. Deste xeito poden disfrutar de espazo en Google Drive, e dunha conta de correo personalizada do estilo usuario@iessanclemente.net, sendo o usuario o mesmo empregado para acceder aos computadores do centro. Dita conta hai que activa-la a través de gmail.com.
|
| RECOMENDACIÓNS E ATALLOS | |
| 13 | Non facilitar a ninguén o meu usuario e contrasinal. |
| 14 | Gardar sempre os meus arquivos e documentos na carpeta persoal (unidade L: faise copia diaria, e instantáneas cada 3-4 horas, recuperables fácilmente por cada usuario dende Windows. Por exemplo si borramos un arquivo sin querer e vaciamos o lixo, podemos recuperalo có botón dereito->Propiedades->Versións Anteriores). |
| 15 | Non deixar no escritorio documentos e programas. Deixar soamente accesos directos. Si hai que reinstalar ese PC pérdense eses datos. |
| 16 | Soamente os profesores poderán notificar calqueira tipo de incidencia ou petición a través da web de https://soporte.iessanclemente.net
|
| 17 | Se empregamos VirtualBox lémbrate sempre de configurar a primeira vez en Preferencias a ruta ónde se almacenarán as máquinas virtuais. Unidade D:\MáquinasVirtuais. Así evitarás que as túas máquinas virtuais se copien ó teu perfil persoal ocupando moitas Gb na unidade C: ou no teu perfil (móvil para profesores). |
| 18 | Se eres profesor/a acostuma a limpar os taboleiros ó rematar a clase, especialmente cando sexa a última da mañá ou da tarde. |
| Combinacións de CTRL + TECLA | |
| CTRL + C | Copiar |
| CTRL + X | Cortar |
| CTRL + V | Pegar |
| CTRL + [+] | Aumentar Zoom (navegadores web, pdf’s, etc.) |
| CTRL + [-] | Disminuir Zoom (navegadores web, pdf’s, etc.) |
| CTRL + [0] | Poñer Zoom ó tamaño por defecto. |
| CTRL + Roda Rato | Mantendo pulsada a tecla de CTRL, poderemos facer zoom nun documento ampliando ou disminuindo movendo a roda do rato. |
| CTRL + Z | Desfacer |
| CTRL + Y | Refacer |
| NESTA WEB DE AXUDA PODERÁS ATOPAR INFORMACIÓN DE CÓMO FACER MOITAS DAS RECOMENDACIÓNS DO PACK DE BENVIDA |