Acceso a AWS Educate como profesorado rexistrado

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda



  • Se vostede vai a acceder por primeira vez, dende que recibiu a confirmación da aceptación por correo terá que facer o seguinte:
  • Primero ten que por un contrasinal, para elo terá que pulsar no enlace (Click here to set your password...) que recibiu no correo de aceptación (AWS Educate Application Approved).
  • Amósase a continuación un exemplo de texto recibido por correo, có enlace para por o contrasinal:

AWS-Panel-Teacher-0.png

  • Accederemos coa conta do IES San Clemente e o contrasinal que puxemos no paso anterior.
  • Unha vez dentro poderemos ver información xeral sobre formación, novas, etc..

AWS-Panel-Teacher-1.png

  • Para acceder ós recursos da conta AWS Educate, teremos que pulsar no enlace AWS Account.
  • É importante seleccionar a opción I would like to use an AWS Educate Starter Account (ver imaxe inferior).
  • Deste xeito recibiremos como educadores un crédito de 150$ como membros dunha institución pertencente ó programa AWS Educate.
  • Pulsaremos no botón Get Started unha vez seleccionado "AWS Educate Starter Account".

AWS-Panel-Teacher-2.png

  • Agora teremos que pulsar no botón Create Starter Account, para que se faga a nosa conta en AWS Educate.

AWS-Panel-Teacher-3.png

  • Agardaremos uns intres mentras se aprovisiona a conta, e pulsaremos no enlace "Click here to refresh!".

AWS-Panel-Teacher-4.png

  • Amosarase os créditos estimados (150$ ou créditos e a data de caducidade dos mesmos.

AWS-Panel-Teacher-5.png

  • Soamente nos faltará pulsar no botón AWS Educate Starter Account que nos conectará cunha páxina onde teremos que aceptar os termos e condicións ó final da páxina I Agree.
  • E unha vez aceptados xa accedemos o panel de control ónde podemos ver os créditos restantes y un botón para acceder ós servizos de Amazon a través de AWS Console.
  • Tede en conta que no programa AWS Educate Starter Account a zona por defecto é Norte de Virginia en USA, e non pode ser modificada.

AWS-Panel-Teacher-6.png