Acceso servizo video-titorias rapidas do IES San Clemente

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

O IES San Clemente dispón dun servizo de titorías telemáticas dende fai anos, e que é empregado maioritariamente polo alumnado de bacharelato.

Ese servizo está implementado có software BigBlueButton e ofrece un montón de posibilidades como a presentación de arquivos, grabación de clases, etc..

Recentemente instalouse un servizo máis sinxelo, e tamén de uso público, o cal permite facer en menos dun minuto unha videotitoría con varios usuarios simultáneos (recomendable menos de 35). A calidade dependerá moito da vosa velocidade de conexión a Internet (subida sobre todo).

O novo servizo é a version opensource de https://jitsi.org/ o cál está mantido por https://8x8.vc/

Este novo servizo en probas integra:

  • Sistema de chat
  • Solicitude de turnos
  • Compartición de pantalla ou ventá (das aplicacións que teñamos abertas)
  • Compartición de video de Youtube
  • Consulta de estadísticas, etc..

Para empregar o novo servizo dende un PC, soamente é necesario dispor dun navegador web (versións actualizadas) e unha webcam.

Tamén se pode empregar con aplicacións móbiles para Android ou IOS. Máis información aquí: https://jitsi.org/#download


Acceso via web ó servizo de video-titoría

  • Aspecto xeral da páxina de titorías:

Titoria-principal.png

  • Exemplo dunha videoconfencia:

Titoria-ejemplo.png

  • Explicación dos botóns que aparecen na conferencia:
  • No botón de vista MOSAICO poderemos ver as cámaras de tódolos asistentes á conferencia.

Titoria-botones.png

Acceso via dispositivo móbil ó servizo de video-titoría

Instalación de aplicación móbil:

  • Teremos que buscar por Jitsi meet na Apple Store ou Google Store:

Titoria-app-movil.png

  • Unha vez instalada teremos que CONFIGURAR O SERVIDOR DE VIDEOCONFERENCIAS que imos empregar. Pulsando na parte superior esquerda e ir a AXUSTES:

Titoria-app-movil-config1.png

Titoria-app-movil-config2.png

  • E por último para entrar teclearemos o NOME DA SALA á que queremos acceder nese servidor:

Titoria-app-movil-config3.png

Veiga (discusión) 12:28 14 abr 2020 (CEST)