Como redireccionar todo o correo de iessanclemente.net a outra conta de correo

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Pode darse o caso de que non queiramos comprobar a conta do dominio iessanclemente.net xa que temos máis contas de correo e non queremos usala, pero o que sí podemos facer e redireccionar todos os correos que nos cheguen a conta do IES a unha conta diferente de correo. Deste xeito seguiremos mantendo o contacto por se nos chegan avisos a esa conta.

Para facer iso, teremos que facer o seguinte:

- Entramos en gmail.com e accedemos coa nosa conta de correo usuario@iessanclemente.net

Acceso-gmail.jpg

- Pulsaremos en Configuración:

Configuracion-gmail.jpg

- Pulsaremos na opción Reenvío y correo POP/IMAP e unha vez dentro en Añadir una dirección de reenvío.

Reenvio-gmail.jpg

- Teclearemos a nova dirección á que se van a reenviar todos os correos que nos cheguen á conta do iessanclemente.net. Pulsaremos en continuar.

Tecleo-direccion-reenvio-gmail.jpg

- Gmail enviará un correo para confirmar a dirección de destino.

- Unha vez confirmada a nosa conta de recepción de correo, teremos que entrar de novo a Reenvío y correo POP/IMAP, para indicar que se active o reenvío e configurar qué queremos facer coas copias orixinais do correo recibido en iessanclemente.net

--Veiga (discusión) 18:02 22 oct 2015 (CEST)