Diferencia entre revisiones de «Configuración da tableta dixitalizadora Wacom Intuos»

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Configuración da tableta dixitalizadora Wacom Intuos en Debian)
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 21:13 28 sep 2020

Configuración da tableta dixitalizadora Wacom Intuos en Windows

  • Nestes intres temos nas aulas, nos equipos do profesorado a seguinte configuración:
    • 2 pantallas. Unha delas é a principal e a outra é a secundaria.
    • 1 proxector conectado facendo espello coa pantalla secundaria (salvo algunha aula que está independente).
    • 1 webcam Logitech (con micrófono integrado)
    • 1 tableta dixitalizadora Wacom Intuos S con conectividade USB e posibilidade de conexión por bluetooth (xa que a tableta ten batería e permítenos desconectala do USB). Para evitar problemas recoméndase deixala conectada ao USB.
    • 1 conexión bluetooth (integrada no equipo All In One) ou un adaptador bluetooth conectado no frontal do PC (non extraer nin cambiar de posición). A funcionalidade bluetooth activouse para aquel profesorado que queira empregar cascos bluetooth ou calquera outro dispositivo sen cables no PC.

Vexamos como configurar a tableta dixitalizadora Wacom Intuos en Windows.

Wacom-Intuos-S-bluetooth.jpg

ATENCIÓN: cando non esteamos empregando o lapis, recoméndase non deixalo enriba da tableta por que pode producir interferencias no rato. Podemos deixalo enriba dos botóns da tableta ou na mesa a carón dela.

  • A forma de uso desta tableta consistirá en que durante as clases, cando fagamos a videoconferencia simultánea co alumnado que estea nas súas casas, empreguemos a tableta dixitalizadora cando queiramos escribir algo nun encerado virtual. Deste xeito se queremos escribir algo farémolo na pantalla secundaria (que é a que se está amosando no proxector) e ademais será a pantalla que estaremos emitindo en directo na videoconferencia ao alumnado das casas.
  • Como temos 2 pantallas a configuración básica da tableta consistirá en indicarlle con que pantalla queremos interactuar:
    • pode configurarse para que interactue co escritorio completo (2 pantallas)
    • coa pantalla principal
    • ou coa pantalla secundaria.

Neste caso imos configurala coa pantalla secundaria.

Pasos do asistente que aparece cando iniciamos sesión ou na aplicación "Wacom Desktop Center".

Wacom intuos configuracion 1.png

Wacom intuos configuracion 2.png

Wacom intuos configuracion 3.png

Wacom intuos configuracion 4.png

Wacom intuos configuracion 5.png

Wacom intuos configuracion 6.png


  • En axustes de control en pantalla, teremos que configurar con qué pantalla queremos que interactúe a tableta, o que se chama Proxección.
  • Xeralmente configuraremos que interactúe có monitor secundario (o que se emprega para a proxección do Streaming).

Wacom intuos configuracion 7.png

  • Tamén poderemos configurar as accións asociadas aos botóns do lapis, por exemplo:

Wacom intuos configuracion 8.png

Configuración da tableta dixitalizadora Wacom Intuos en Debian

Para configurar a Tableta Wacom en Debian:

  • Acceder aos dispositivos -> Tableta Wacom.
  • Na ventá que aparece pódese configurar o Lapis ou a Tableta.
  • A seguinte imaxe amosa a configuración da tableta:
  • Seleccionar Modo de seguimento: Tableta (absoluto)

Wacom-Intuos-Debian-1.jpg

  • E no "Mapa que monitorizar…"

Wacom-Intuos-Debian-2.jpg


Deste xeito queda a tableta configurada para traballar có monitor da dereita, o auxiliar (conectado ó proxector).

Grazas a Cristina Paris por facilitar esta información da configuración en Debian.


Veiga (discusión) 22:13 28 sep 2020 (CEST)