Diferencia entre revisiones de «Introducción a AWS Academy»

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 18:14 25 oct 2021

AWS Academy proporciona aos estudantes e profesores acceso gratuíto á tecnoloxía AWS, cursos na nube, ferramentas de formación e colaboración para desenvolver a próxima xeración de profesionais da tecnoloxía na nube.

As rutas profesionais na nube proporcionan aos estudantes acceso a créditos, formación e a opción de escoller a súa carreira na nube.

Que é AWS Academy?

Ofrece un currículo AWS para institucións educativas con formación "post-secundaria" para axudar aos estudantes a desenvolver habilidades de computación na nube baixo demanda e prepararse para a certificación AWS recoñecida pola industria da nube.

A proposta de Amazon AWS no ámbito educativo é clara con estes dous programas e a integración en ciclos é un traballo moi interesante que complementa os contidos dos módulos impartidos.

  • Este programa facilita o uso das tecnoloxías de Amazon ó alumnado e profesorado do IES San Clemente, de xeito gratuito (sen a necesidade de introducir ningunha tarxeta de crédito).
  • En principio otórganse unha serie de créditos para poder facer uso dos servizos cloud que Amazon ofrece durante 1 ano. A parte deses servizos que se poden empregar usando eses créditos, hai a posibilidade por exemplo de ter unha máquina virtual gratuita funcionando durante 1 ano (f1-micro). Pódense ver os servizos otorgados na capa gratuita en: https://aws.amazon.com/es/free/?all-free-tier.sort-by=item.additionalFields.SortRank&all-free-tier.sort-order=asc

Restriccións das contas AWS Academy

  • O programa AWS Academy é máis restrictivo có programa AWS Educate que tiñamos anteriormente.
  • Por exemplo as estancias EC2 soamente funcionan durante 4 horas e páranse soas a non ser que lle demos a Start Lab de novo para resetear o contador.
  • Están limitadas as imaxes dispoñibles en EC2, permitíndose soamente o uso nestes intres das desarrolladas por Amazon, e algunha a maiores como Centos..
  • A rexión predeterminada é a de Norte de Virginia en USA e non se pode cambiar.
  • Estas contas de inicio de AWS Academy son xestionadas por un terceiro (chamado Vocareum). Os termos e condicións entre os estudantes e Vocareum non son os mesmos que ofrece Amazon no seu nivel gratuíto, e é por iso, que o nivel gratuíto que ofrece Amazon por defecto para as contas normais, non se pode aplicar ás contas AWS Educate.
  • Non se precisa tarxeta de crédito para as contas de AWS Academy, xa que se ofrecen créditos promocionais (100$) na mesma conta para cada estudante.
  • Cando se esgota o saldo da conta, péchase a conta e elimínanse os servizos ou outros recursos da conta.


Outras consideracións sobre AWS Academy:

  • O profesorado será o encargado de inscribir aos alumnos no programa.
  • Os profesores accederán ao programa como instrutor e poderán crear cursos cunha data de inicio e fin e inscribir aos alumnos que queiran.
  • O profesorado terá a oportunidade de obter os seus títulos para ser instrutor acreditado por Amazon.
  • Os estudantes poderán levar de balde os diferentes módulos de formación predefinidos en Amazon, aprender as diferentes tecnoloxías dispoñibles, etc.
  • Os estudantes poderán crear máquinas virtuais en Amazon EC2, pero con varias restricións:
    • As imaxes dispoñibles no nivel gratuíto por agora están limitadas a imaxes creadas por Amazon, algúns CentOS e (non fun capaz de lanzar ningunha instancia con Ubuntu ou Debian, por exemplo).
    • As máquinas funcionarán durante 4 horas. Se non facemos nada ás 4 horas paran. Teriamos que premer de novo Start Lab para restablecer o contador de novo 4 horas máis.
    • Para acceder ás contas AWS de Vocareum (para xestionar todos os servizos de Amazon) terás que facelo desde calquera módulo que teña un laboratorio: inicia o laboratorio e fai clic en AWS na parte superior.