Diferencia entre revisiones de «Rexistro na academia de Oracle e solicitude de contas na Oracle Cloud»

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Alta na Academia de Oracle)
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 18:43 22 feb 2022

Alta na Academia de Oracle

  • Para acceder aos servizos na nube de Oracle, primeiro hai que rexistrarse na súa academia
  • O primeiro é crear un usuario na academia. https://academy.oracle.com/es/
  • Unha vez creado un usuario, podemos solicitar unirnos ao programa para institucións docentes, no que xa está rexistrado o IES San Clemente.

Academia oracle.png

  • Hai que buscar o nome do IES San Clemente, no rexistro de institucións.

Membresia.png

  • No sitio web do docente, podemos incluír a ruta a https://mestre.iessanclemente.net/ onde poderá verse o noso nome como docentes
  • Despois de solicitar a unión á academia de Oracle, terán que verificar que todo está correcto. Isto pode tardar varios días.

Solicitude de contas na Cloud de Oracle

Cando xa nos teñan aceptado na academia de Oracle, poderemos solicitar a nosa conta na Cloud. Dentro da nube, teremos un crédito de 300€ para gastar durante un ano, e acceso a recursos sempre gratuítos. Entre eles inclúe 2 instancias de máquinas virtuais gratuítas para sempre.

  • Unha vez feito o login na web da academia de Oracle, podemos ver todos os cursos que alí hai. Podemos crear as nosas propias canles formativas e crear contas para os alumnos dentro da academia

Solicitar contas cloud.png

  • Esta solicitude tamén pode tardar varios días en ser aceptada.
  • Unha vez aceptada, no mesmo lugar, podemos engadir contas para o alumnado. Cada docente pode engadir ata 200 contas de alumnado. Tan sinxelo como introducir unha lista cos seus enderezos de correo electrónico.

Alta de Alumnos na Academia de Oracle

Para dar de alta aos alumnos recoméndase seguir o curso "Member Hub instructor Guide"

Member hub instructor.png