Exportar-Importar cursos en Moodle 2.x

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Revisión del 21:50 21 sep 2014 de Veiga (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Exportar cursos en Moodle

Accedemos ao noso curso en Administración e pulsamos Copia de Seguridad.

Moodle-Copia-Seguridad.jpg

Na páxina que aparece teremos que seleccionar o que queremos copiar do noso curso. No exemplo soamente me interesan copiar os materiais, bloques e as preguntas que teña. Non me interesa copiar a información e traballos dos alumnos, así que as opcións por defecto están perfectas.

Moodle-Configuracion-copia-seguridad.jpg

A continuación seleccionaremos dentro do curso, o detalle de lo que queremos incluír dentro de la copia.

Moodle-Seleccion-detalle-copia-seguridad.jpg



Pomos un nombre a la copia de seguridad mantendo a extensión .mbz e pulsaremos o botón Ejecutar Copia de seguridad.

NOTA: os arquivos de copia de seguridade con extensión .mbz pódense abrir con 7zip directamente.

Moodle-Nombre-al-fichero-copia.jpg

Esperamos a que remate de executar a copia de seguridade e pulsaremos en Continuar.

Moodle-Finalizacion-copia-seguridad.jpg

ATENCION: Ahora o que nos faltaría por facer é descargar a copia de seguridade que fixemos a un pendrive ou á nosa carpeta persoal, para despois poder importala no novo Moodle.

Moodle-Zona-copia-seguridad-privada.jpg




Importar cursos en Moodle

Se dispoñemos dunha copia de seguridade coa extensión .mbz para importar dita copia a un novo curso de Moodle faremos o seguinte.

Entraremos no novo curso e iremos á sección de Administración:

Moodle-administracion-restauracion-curso.jpg

Teremos que subir a copia do curso ao Moodle para poder restauralo. Pulsamos en Seleccione un archivo e buscamos no pendrive ou na carpeta persoal o arquivo da copia de seguridade. Moodle-Seleccion-de-copia.jpg

Na nova xanela que aparece pulsaremos en Subir un archivo e Seleccionar Archivo: Moodle-subida-de-archivo-al-servidor.jpg

Seleccionamos o arquivo da copia de seguridade, pulsamos en Abrir e logo no botón Subir este archivo e agardamos a que se suba ao servidor. Moodle-seleccion-y-subida-fichero-copia.jpg

Cando remate a subida da copia ao servidor poderemos realizar a restauración do curso. ATENCIÓN: se saímos da páxina sen pulsar no botón restaurar perderemos o arquivo acabado de subir e teremos que comezar de novo o proceso. Moodle-copia-disponible-restauracion.jpg

Pulsamos no botón Restaurar e amosarase a continuación os detalles da copia. Pulsaremos en continuar Moodle-detalles-copia-a-restaurar.jpg

Pode darse o caso de que teñamos máis dun curso en Moodle, entón teremos 2 grupos de opcións:

  • Por un lado poderemos Restaurar en este Curso
  • Por outro poderemos Restaurar en un curso ya existente'.

Se escollemos un ou outro grupo de opcións hai que fixarse que teremos un botón Continuar específico para ese grupo de opcións. Neste caso vou a restaurar o datos da copia no curso actual no que me atopo: Moodle-restaurar-en-otros-cursos.jpg

Indicamos se queremos fusionar a copia có curso actual ou borrar o contido actual do curso e restauralo coa nova copia (opción recomendable para novos cursos de recente creación).

Moodle-fusionar-borrar-contenido-curso-actual.jpg

Indicamos os axustes do curso que queremos que se manteñan ou non durante a importación. Moodle-revision-ajustes-restauracion.jpg

Revisamos as opcións marcadas previamente e pulsamos en Ejecutar Restauración

ATENCIÓN: Teremos que esperar uns segundos de 50 a 90 segundos ou máis. Todo dependerá do tamaño do voso curso.

Unha vez rematada a restauración obteremos o seguinte aviso:

Moodle-restauracion-exitosa.jpg


Activación de Auto-matriculación de alumnos en cursos Moodle

Matriculación de alumnos de xeito automático, con contrasinal previamente proporcionado.

Para permitir que os alumnos se matriculen nos cursos de xeito automático é recomendable asignar un contrasinal no curso, para que só se poidan matricular os que coñezan ese contrasinal que vos lle facilitaredes.

Unha vez dentro do curso facer o seguinte:

  • Ir á sección de Administración do curso.
  • Entrar en Usuarios -> Métodos de matriculación.
  • Teremos que activar a Auto-matriculación pulsando no ollo para abrilo:

Activacion-auto-matriculacion.jpg

  • ATENCION: Si na ventana da dereita soamente aparece a matriculación manual teremos que engadir o método de auto-matriculación na lista desplegable.

Curso-administracion-Moodle.jpg

  • Si a Auto-matriculación está activada, para modificar ou configurar un contrasinal pulsar na roda dentada para configurar os parámetros que se amosan na imaxe inferior.


  • Na ventana de opcións que cubriremos o apartado de clave de auto-matriculación co contrasinal que deberán saber os alumnos para auto-matricularse no noso curso:

Automatriculacion-clave.jpg

  • Pulsaremos en Gardar Cambios ou Añadir Método e estará dispoñible para que os alumnos se poidan matricular.

ATENCION: Cando remate o período de matriculación do módulo deberíase modificar o contrasinal do mesmo (para evitar que se matriculen máis alumnos no curso). Outra forma de evitar novas matrículas pode ser pechando o ollo do método de auto-matriculación..

Desactivación de Auto-matriculación de alumnos en cursos Moodle

Para desactivar a auto-matriculación simplemente teremos que volver a métodos de matriculación:

  • Poderemos editar a auto-matriculación (símbolo * o carón de Automatriculación á dereita) e cambiaremos o contrasinal por un distinto.
  • Outra forma de desactivar que os alumnos se matriculen e ocultar (pechando o ollo) o método de auto-matriculación.
  • Ou por último eliminar do curso si así o desexamos o método de auto-matriculación coa X.

Desactivacion-automatriculacion.jpg

--Veiga (discusión) 22:50 21 sep 2014 (CEST)