Manual Uso Aplicacion de HORARIOS

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Revisión del 08:41 18 sep 2025 de Admin (discusión | contribs.) (Página creada con « Nesta sección damos información de uso da '''nova aplicación de horarios''': == Acceso á aplicación == Este é o novo servizo de xestión de horarios e incidencias do IES San Clemente. * A URL de acceso é: '''https://horarios.iessanclemente.net''' * Accederemos có '''usuario/contrasinal da intranet''' do centro. Archivo:Horarios.iessanclemente.net.png <br/><br/> == Revisión/configuración dos nosos grupos no LDAP == Unha vez dentro da aplicación ve…»)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta sección damos información de uso da nova aplicación de horarios:

Acceso á aplicación

Este é o novo servizo de xestión de horarios e incidencias do IES San Clemente.



Revisión/configuración dos nosos grupos no LDAP

Unha vez dentro da aplicación veremos o seguinte menú principal:



  • Para o profesorado de ciclos de informática, apareceralles unha opción chamada Grupos LDAP, na que o profesorado revisará os grupos nos que está dados de alta, e marcará única e exclusivamente os grupos nos que imparte clase.


O método para facer esa asignación de grupos é o seguinte:

  • 1º terá que facer click no seu nome ou apelidos
  • 2º revisará e marcará/desmarcará facendo click nos ciclos desexados.
  • Os cambios almacénanse automáticamente.


  • Para o profesorado de bacharelato que imparta algún módulo en ciclos formativos, terá que abrir un ticket en https://soporte.iessanclemente.net para solicitar a asignación no ciclo correspondente.




Fichar Guardia / Tutoría

  • Nesta sección o profesorado que teña asignada algunha "Garda" ou "Tit. Multimedia" (Titoría Multimedia), terá que fichar nesta opción do menú durante os primeiros minutos da garda, a realización da Garda ou Titoría Multimedia.
  • A fichaxe da garda/titoría multimedia, soamente estará activa durante os primeiros X minutos que se indican na páxina.
  • Si está fichando unha "Garda", unha vez feita a fichaxe web, terá que recorrer o centro ecomprobar que non hai ningunha ausencia ou incidencia nas aulas. !Grazas!




Horario

  • Aquí cubriremos o noso horario, indicando o Módulo e a Localización onde se imparte dito módulo (sempre que sexa posible ou correximos a indicada por defecto se non é correcta).
  • Si non aparecen os módulos dos ciclos nos que impartimos clase, teremos que revisar os Grupos LDAP e correxir.
  • Cando rematemos de cubrir o horario, ou en calqueira momento poderemos gravar o que levamos realizado pulsando no botón "Grabar Horario".




Incidencias

  • Nesta opción do menú poderemos xestionar as incidencias e ver as nosas xustificacións ó longo dos días de traballo.




Radar de búsqueda

  • Nesta opción poderemos buscar/localizar profesorado para saber en que aula se atopan e o seu horario.




Ajustes de perfil

Neste menú poderemos axustar as preferencias da nosa conta e acceder á configuración de Telegram.

  • Na imaxen inferior faremos a modificación de preferencias da nosa conta onde indicaremos si desexamos recibir notificacións por Telegram, correo electrónico, etc...




  • Rexistro no servizo de Telegram (servizo recomendable que nos permitirá xestionar incidencias, consulta de horarios, localización de persoas, etc..)