Manual Uso Aplicacion de HORARIOS
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Nesta sección damos información de uso da nova aplicación de horarios:
Acceso á aplicación
Este é o novo servizo de xestión de horarios e incidencias do IES San Clemente.
- A URL de acceso é: https://horarios.iessanclemente.net
- Accederemos có usuario/contrasinal da intranet do centro.
Revisión/configuración dos nosos grupos no LDAP
Unha vez dentro da aplicación veremos o seguinte menú principal:
- Para o profesorado de ciclos de informática, apareceralles unha opción chamada Grupos LDAP, na que o profesorado revisará os grupos nos que está dados de alta, e marcará única e exclusivamente os grupos nos que imparte clase.
O método para facer esa asignación de grupos é o seguinte:
- 1º terá que facer click no seu nome ou apelidos
- 2º revisará e marcará/desmarcará facendo click nos ciclos desexados.
- Os cambios almacénanse automáticamente.
- Para o profesorado de bacharelato que imparta algún módulo en ciclos formativos, terá que abrir un ticket en https://soporte.iessanclemente.net para solicitar a asignación no ciclo correspondente.
Fichar Guardia / Tutoría
- Nesta sección o profesorado que teña asignada algunha "Garda" ou "Tit. Multimedia" (Titoría Multimedia), terá que fichar nesta opción do menú durante os primeiros minutos da garda, a realización da Garda ou Titoría Multimedia.
- A fichaxe da garda/titoría multimedia, soamente estará activa durante os primeiros X minutos que se indican na páxina.
- Si está fichando unha "Garda", unha vez feita a fichaxe web, terá que recorrer o centro ecomprobar que non hai ningunha ausencia ou incidencia nas aulas. !Grazas!
Horario
- Aquí cubriremos o noso horario, indicando o Módulo e a Localización onde se imparte dito módulo (sempre que sexa posible ou correximos a indicada por defecto se non é correcta).
- Si non aparecen os módulos dos ciclos nos que impartimos clase, teremos que revisar os Grupos LDAP e correxir.
- Cando rematemos de cubrir o horario, ou en calqueira momento poderemos gravar o que levamos realizado pulsando no botón "Grabar Horario".
Incidencias
- Nesta opción do menú poderemos xestionar as incidencias e ver as nosas xustificacións ó longo dos días de traballo.
Radar de búsqueda
- Nesta opción poderemos buscar/localizar profesorado para saber en que aula se atopan e o seu horario.
Ajustes de perfil
Neste menú poderemos axustar as preferencias da nosa conta e acceder á configuración de Telegram.
- Na imaxen inferior faremos a modificación de preferencias da nosa conta onde indicaremos si desexamos recibir notificacións por Telegram, correo electrónico, etc...
- Rexistro no servizo de Telegram (servizo recomendable que nos permitirá xestionar incidencias, consulta de horarios, localización de persoas, etc..)







