Diferencia entre revisiones de «Creación de enlace de rexistro e acceso a AWS Educate para estudantes en Moodle»

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 22:24 4 mar 2021

Dende o 4 de Xaneiro de 2021 o acceso do alumnado ás contas de AWS Educate só será factible dende os seguientes métodos:

  • 1.- Canles iniciados polos/as educadores/as: inclúense Classrooms de AWS Educate e enlaces de invitación dende Sistemas de Aprendizaxe como Moodle.
  • 2.- Enlaces promocionais de colaboradores: Pearson, Github, edX, etc..

Captura da mensaxe informando do cambio en AWS Educate:

Info-cambios-rexistro-estudantes-aws-educate.jpg

Polo tanto dende o noso centro dispomos do método 1 para facilitar o rexistro ó alumnado no programa AWS Educate.



Imos ver cómo crear un enlace de invitación ó programa AWS Educate e así incluílo no noso curso de Moodle.

Dito enlace proporcionará:

  • Acceso a AWS Educate.
  • Posibilidade de logueo automático en AWS Educate simplemente iniciando sesión no Moodle do centro(Mestre).

  • ATENCIÓN:
  • O alumnado que se loguea ou rexistra dende os enlaces creados no Moodle deberá cubrir adicionalmente o seu perfil prestando especial atención á data de cando remata o seu curso.
  • Esa data do finalización dos seus estudos no rexistro en AWS Educate en Amazon será a data de caducidade dos servizos en AWS Educate.
  • Exemplo1: se o alumnado se rexistra en AWS Educate en primeiro curso (exemplo Setembro 2020) debería por como data da súa graduación Setembro ou Decembro de 2022.
  • Exemplo2: se o alumnado se rexistra en AWS Educate en segundo curso (exemplo Setembro 2020) debería por como data da súa graduación Setembro ou Decembro de 2021.



Pasos para a creación do enlace de rexistro en Moodle:

  • As datas Inicio do curso e finalización (Course Start Date e Course End Date) fan referencia ás datas nas que o enlace de invitación que estamos creando será válido e estará activo.
  • Poderemos crear o enlace de invitación dende: Aulas y Créditos e pulsando en AWS Educate and Your LMS.
  • Ou pulsando directamente neste enlace: https://www.awseducate.com/educator/s/lms-connect
  • Dende Aulas y Créditos poderemos facer tamén a outra opción de rexistro para alumnado que é crear unha Classroom: Request or go to an AWS Educate Classroom

AWS-Educate-and-Your-LMS.jpg

Request-to-connect-new-course.jpg

  • O IES San Clemente xa está conectado a AWS Educate, polo que simplemente teremos que engadir un novo curso, tal e como se amosa na seguinte imaxe da Solicitude para Conectar un novo curso a AWS Educate:

Solicitude-rexistro-enlace-LMS.jpg

  • Agora teremos que agardar a que contesten á nosa solicitude (pode levar 1 ou varios días) cós datos necesarios para crear o enlace de rexistro no Moodle.