Cómo agregar unha impresora, uso do escáner e fotocopiadoras do centro

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Saltar a: navegación, buscar

Introdución

Fotocopiadorac280.jpg


A continuación dánse as instrucións necesarias para a utilización das novas fotocopiadoras. Hai unha serie de operacións que hai que facer no ordenador para imprimir e outras que son necesarias na propia fotocopiadora.

Operacións a levar a cabo no ordenador

Instalar unha impresora

Os seguintes pasos son semellantes para calquera impresora.

Nesta ocasión vaise indicar como instalar as impresoras da Sala de Profesorado e do Andar dos Departamentos.

Configurar autenticación

Para imprimir nas Fotocopiadoras todo usuario precisa autenticarse.

Impresión segura

Características, Vantaxes e inconvenientes

Coa impresión segura os documentos quedan gardados na fotocopiadora e non se imprimen ata que se desexe, mentres que na impresión normal os documentos imprímense no momento en que se envían á impresora. Usar a impresión segura presenta algunhas vantaxes e inconvenientes, a saber:

  • Vantaxes:
    • Evitar que os documentos se misturen na bandexa de saída cos doutros usuarios que mandaran imprimir e non os recolleran e polo tanto, se non se fixan, poidan marcharse cos documentos doutros usuarios se chegan antes que eles.
    • Se se imprimen documentos "sensibles" (por exemplo exames), evitar que pase alguén (un alumno) e colla un que estea saíndo, principalmente na fotocopiadora que está no corredor.
    • Poder mandar varios documentos á impresora e sacalos todos xuntos cando se vaia á impresora.
  • Inconvenientes
    • Hai que indicar que se desexa realizar impresión segura
    • Hai que identificarse na impresora e dicirlle que imprima os documentos.

O usuario débese autenticar ao chegar á impresora


Configurar impresión segura por defecto

Sempre usará impresión segura, se nalgún momento queremos impresión normal teremos que indicalo no momento de imprimir.
O seguinte só o temos que facer unha vez despois de instalada a impresora.

A partir deste momento tódalas impresións que fagamos serán de forma segura se non indicamos o contrario.


Configurar impresión non segura por defecto

Seguense os mismos pasos que para impresión segura só se diferencia que á hora de escoller o método de saida debemos escoller "Impresión"

A partir deste momento tódalas impresións que fagamos serán de forma segura se non indicamos o contrario.


Imprimir nun programa cunha configuración segura/normal que non sexa a que está por defecto

Cando queremos imprimir nun momento determinado cunha configuración distinta á que temos configurada por defecto, temos que indicalo no momento que mandamos imprimir, e só se aplicará a ese programa menteres non o pechemos. Desde outros programas seguirá imprimindose a ca configuración que teñamos por defecto.


Sempre que imprimamos con impresión segura

Teremos que dar un código de impresión segura e se queremos un contrasinal(este último non é necesario), podemos poñer un número de ata 16 cifras como identificador, é importante que recordar este número porque o precisaremos para sacar o documento cando cheguemos á impresora.


Escanear

Antes de poder escanar temos que ter configurada a carpeta de destino onde se gardarán os documentos escaneados.
Para eso primeiro temos que conectarnos a Fotocopiadora desde un ordenador, mediante o navegador,
e logo indicar a carpeta de destino dos documentos escaneados
Esta operación só o temos que facela unha vez en cada fotocopiadora, despois xa queda para sempre nesa fototocopiadora.



Despois xa poderemos ir as veces que queiramos a escanear á fotocopiadora e usar esta configuración para que os documentos queden directamente na nosa carpeta.


Operacións a levar a cabo na fotocopiadora

Iniciar Sesión

Antes de poder facer calquera operación diante da fotocopiadora teremos que identificarnos, para eso usaremos o nome de usuario e contrasinal co que entramos nos ordenadores do centro.

Unha vez teñamos iniciada a sesión poderemos fotocopiar, escanear ou sacar documento enviados con impresión segura.
É importante que cando acabemos cerremos sesión antes de marchar.


Cerrar sesión


Sacar os documentos que se mandaron con impresión segura

Os documentos impresos con impresión segura quedan gardados na fotocopiadora e non se imprimirán mentres non lle mandemos.
Para imprimir os documentos temos que facer duas cousas:
- Iniciar sesión co noso nome de usuario e contrasinal (o que usamos para entrar nos ordenadores)
- Indicar qué documentos queremos imprimir.

Os documentos permanecen no buzón durante 24 horas desde o momento en que se mandaron desde o ordenador.
Os documentos borranse do buzón despois de imprimilos ou pasado o período de 24horas.


Escanear

Para escanear debemos:

 -Iniciar sesión.
 -Colocar o documento a escanear
 -Escoller o destino do documento escaneado. Como destino podemos escoller o que teñamos configurado ou o xenérico "ENVIAR A COMUNPROFES"
 -Pulsar o botón "Inicio"
 -Cerrar sesión ó terminar

Se o destino que escollemos foi "ENVIAR A COMUN PROFES" debemos coller os documentos escaneados en comunprofes\escaner\ProfesEscaner


Fotocopiar

Para fotocopiar debemos:

 -Iniciar sesión.
 -Colocar o documento a fotocopiar
 -Pulsar o botón "Inicio"
 -Cerrar sesión ó terminar