Listado de Grupos de Distribucion de correo en iessanclemente.net

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Saltar a: navegación, buscar

En Google Apps for Education temos acceso a grupos de distribución de correo.

Os grupos xa están creados e todos teñen unha dirección de correo asinada de tal xeito que poderemos enviar un correo ó e-mail do grupo e todos os membros do mesmo recibirán ese correo, có cal evitamos copiar todos os correos dos destinatarios, etc.

ATENCION: Por seguridade non se permite o envío de correos dende contas alleas ó dominio iessanclemente.net. Isto quere dicir que non poderemos enviar un correo ó grupo de compañeiros, profesores, etc.. dende unha conta distinta á do iessanclemente.net

MOI IMPORTANTE: As contas dos usuarios que abusan das listas de distribución de correo e non fan un uso correcto delas, serán canceladas automáticamente.

Listado de Grupos de Distribución de correo no iessanclemente.net

O listado de grupos de distribución de correo está dispoñible a través da sección Contactos dentro de GMAIL.

  • Teremos que entrar en GMAIL coa nosa conta de usuario@iessanclemente.net
  • Unha vez dentro pulsaremos no desplegable de Correo e seleccionaremos Contactos
Seleccion contactos gmail.jpg



  • No menú esquerdo aparecerá Directorio e alí poderemos ver todos os usuarios e grupos creados no ies san clemente.

Directorio IES San Clemente.jpg



  • O Directorio de contactos estará accesible en tódalas aplicacións de Google.
  • Tamén poderemos acceder ós contactos cando redactamos un e-mail.
  • Para acceder ós contactos dende o correo pulsaremos en Redactar
  • A continuación pulsamos no botón de Para e no desplegable seleccionamos Directorio.

Redactar dir San Clemente.jpg



  • Poderemos buscar por nomes, apelidos, profe, profes, grupos,..Exemplos de algunhas búsquedas:
    • smr1 -> amosará tódolos alumnos de smr1 e ó final da lista os nomes das listas de correo de profes e alumnos de smr1 (smr1-alumnos e smr1-profes).
    • alumnos -> amosará tódolos grupos de alumnos
    • profes -> amosará a lista de grupos de profesores
    • profe -> amosará tódolos profes
    • conserxe -> amosará a lista de conserxes
    • auxiliar -> amosará a lista de auxiliares administrativos/as.

Busqueda dir san Clemente.jpg

  • ATENCIÓN: O envío de correos ós grupos soamente está permitido dende os correos de iessanclemente.net


  • Se desexan contactar cós Administradores da Rede pódeno facer enviando un correo a admin arroba iessanclemente.net dende calqueira e-mail.


--Veiga (discusión) 15:12 14 oct 2014 (CEST)