Maquinas Virtuais
Sumario
Pautas a seguir para crear unha máquina virtual
Almacenamento de Máquinas Virtuais no ALMACEN
- As máquinas virtuais que se comparten có alumnado deberán estar en \\almacen\recursos\MVirtuais.
- Non almacenar as máquinas virtuais na carpeta de Común, por que ocupan moitísimo espazo e faise copia de seguridade dese recurso a diario.
- Calquera máquina fóra desa ruta será eliminada. (No manual entenderase a razón)
- Dentro desa carpeta hai unha carpeta por curso coas materias dese curso
- Tamén hai outras carpetas chamadas 0_Base e 0_Base_Candidatas. Mirar o arquivo leme.txt desas carpetas para comprender as súa función.
- O programa de virtualización é o Virtual-Box e as imaxes xeradas en calquera dos S.O. valen para calquera Windows e para Ubuntu.
Traballo con máquinas virtuais nos equipos das AULAS
- O alumnado terá que facer no disco D:\MaquinasVirtuais ou en Linux unha carpeta persoal co seu código de usuario, onde se almacenarán as máquinas virtuais.
- IMPORTANTÍSIMO: Recordar ó alumnado a configuración da carpeta predeterminada de Virtualbox antes de importar ningunha máquina e que apunte ó disco D:\MaquinasVirtuais\xxxxusuarixxxx
- Cada ordenador de aula, Depto de Informática, Sala do Profesorado e aulas teñen 2 discos. No segundo disco almacénanse as máquinas virtuais para traballar con elas.
- En Windows e Linux hai acceso a un espazo de MaquinasVirtuais no segundo disco.
- Dentro de cada unha desas particións hai unha Carpeta chamada MaquinasVirtuais. Por defecto os alumnos poden acceder a esa carpeta. En época de exames cando se lles facilita unha conta de examen, con esa conta non lles permite acceder á carpeta MaquinasVirtuais, pero si á carpeta Exames.
Procedemento para creación de máquinas virtuais nas AULAS
- O usuario deberá crear unha carpeta coa seguinte estrutura:
Windows: D:\MaquinasVirtuais\<curso>-<nome usuario>
Debian: \MV-Ubuntu\<curso>-<nome usuario>
Exemplo: MaquinasVirtuais\asir1-a05pepe
- IMPORTANTE: O usuario debe iniciar VirtualBox (Inicio:Máquinas Virtuais –> Exames en Windows,Aplicativos->Ferramentas do Sistema en Ubuntu/Debian) e no menú Ficheiro: Preferencias cambiar o cartafol predefinido da máquina á carpeta do paso 2 anterior.
- Os sistemas operativos/programas que se precisen para instalar as máquinas están en \\almacen\recursos. Se aí non estivera o que precisaras ponte en contacto cos administradores para ubicar aí o que desexes.
- Sobre S.O. e programas a usar daranse instrucións a semana que vén de como proceder.
- Cada máquina que vaia creando o usuario debe ter o seguinte nome de SO:
SO | Nome de Carpeta |
---|---|
Linux | <Distribucion> Debian,Ubuntu...) |
Windows XP | XP |
Windows 7 | w7 |
Windows 10 | w10 |
Window 2008 | 2k8 |
Exemplos:
...\MaquinasVirtuais\asir1-ao5pepe\Ubuntu
...\Máquinas Virtuais\asir1-ao5pepe\2k8
Os nomes dos cursos pódense ver en comun.
- Se se precisan dúas máquinas co mesmo SO o usuario debe numeralas,Exemplo: xp, xp2, xp3, etc.
- O DISCO DURO debe ter o tamaño máis pequeno posible.
- Parámetros de configuración da máquina virtual unha vez instalada
Nome equipo | <curso><número equipo>-<SO> Exemplo: asir103-2k3 |
---|---|
Nome de Usuario | Obrigatorio para toda máquina. Se hai problemas con algunha máquina e é preciso entrar este usuario debe existir en cada máquina.Usuario: administrador (ou no seu defecto admin)Contrasinal: abc123. (o punto tamén)Ese usuario debe ser administrador da máquina |
Dominio | <curso><número equipo>-<dom>Exemplo: asir103-dom |
Grupo Traballo | <curso><número equipo>-<grupo>Exemplo: asir103-grupo |
IPs | Aulas (se se desexa acceso a internet, tarxeta en modo Bridge). <10>. <número aula> . <so> . <número equipo real> = 1-254. |
Máscara | 255.255.0.0 (Clase B) salvo que se desexen realizar outras prácticas. |
Porta enlace | 10.aula.0.254 – Só se debe usar se se vai conectar a internet senón nada. No Depto. e Sala de Profesores a porta de enlace é: 10.200.0.254 |
DNS | 10.0.4.1 – Só se debe usar se se vai conectar a internet senón nada. |
- É importante que cada profesor recolla na programación as medidas a empregar no caso do mal uso das máquinas virtuais.
Rango de direccions IP para profesorado de Informatica
- O profesor en cada aula seguirá o esquema indicado nas pautas de creación de máquinas virtuais. Recordar que a IP do equipo do profesor remata en 10.AULA.0.100
- Para o traballo con máquinas nos departamentos e sala de profesores, seguir os puntos seguintes de recomendacións:
- IMPORTANTE: Antes de asignar unha IP da lista consultar se alguén máis na sala está empregando a IP que queredes.
- O mellor é que lle poñades a IP correspondente cambiando o derradeiro díxito, que faga referencia ó número de equipo.
- Rangos de IP dispoñibles para uso en: DEPTO. DE INFORMÁTICA, FCT e SALA DE PROFESORES:
- Departamento de INFORMATICA
Rango: 10.200.200.0 - 10.200.200.49
Máscara: /16
Gateway: 10.200.0.254
DNS: 10.0.4.1
- Departamento de FCT
Rango: 10.200.200.50 - 10.200.200.99
Máscara: /16
Gateway: 10.200.0.254
DNS: 10.0.4.1
- Sala de PROFESORES
Rango: 10.200.200.100 - 10.200.200.149
Máscara: /16
Gateway: 10.200.0.254
DNS: 10.0.4.1
Antiga versión en PDF deste documento: Archivo:Pautas a seguir para crear unha máquina virtual.pdf