Diferencia entre revisiones de «Maquinas Virtuais»

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Traballo con máquinas virtuais nos equipos das AULAS)
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 19:40 3 nov 2021

Pautas a seguir para crear unha máquina virtual

Almacenamento de Máquinas Virtuais no ALMACEN

  1. As máquinas virtuais que se comparten có alumnado deberán estar en \\almacen\recursos\MVirtuais.
  2. Non almacenar as máquinas virtuais na carpeta de Común, por que ocupan moitísimo espazo e faise copia de seguridade dese recurso a diario.
  3. Calquera máquina fóra desa ruta será eliminada. (No manual entenderase a razón)
  4. Dentro desa carpeta hai unha carpeta por curso coas materias dese curso
  5. Tamén hai outras carpetas chamadas 0_Base e 0_Base_Candidatas. Mirar o arquivo leme.txt desas carpetas para comprender as súa función.
  6. O programa de virtualización é o Virtual-Box e as imaxes xeradas en calquera dos S.O. valen para calquera Windows e para Ubuntu.

Traballo con máquinas virtuais nos equipos das AULAS

  1. O alumnado terá que facer no disco D:\MaquinasVirtuais ou en Linux unha carpeta persoal co seu código de usuario, onde se almacenarán as máquinas virtuais.
  2. IMPORTANTÍSIMO: Recordar ó alumnado a configuración da carpeta predeterminada de Virtualbox antes de importar ningunha máquina e que apunte ó disco D:\MaquinasVirtuais\xxxxusuarixxxx
  3. Cada ordenador de aula, Depto de Informática, Sala do Profesorado e aulas teñen 2 discos. No segundo disco almacénanse as máquinas virtuais para traballar con elas.
  4. En Windows e Linux hai acceso a un espazo de MaquinasVirtuais no segundo disco.
  5. Dentro de cada unha desas particións hai unha Carpeta chamada MaquinasVirtuais. Por defecto os alumnos poden acceder a esa carpeta. En época de exames cando se lles facilita unha conta de examen, con esa conta non lles permite acceder á carpeta MaquinasVirtuais, pero si á carpeta Exames.

Procedemento para creación de máquinas virtuais nas AULAS

  • O usuario deberá crear unha carpeta coa seguinte estrutura:
Windows:     D:\MaquinasVirtuais\<curso>-<nome usuario>
Debian:      \MV-Ubuntu\<curso>-<nome usuario>

Exemplo: MaquinasVirtuais\asir1-a05pepe
  • IMPORTANTE: O usuario debe iniciar VirtualBox (Inicio:Máquinas Virtuais –> Exames en Windows,Aplicativos->Ferramentas do Sistema en Ubuntu/Debian) e no menú Ficheiro: Preferencias cambiar o cartafol predefinido da máquina á carpeta do paso 2 anterior.
  • Os sistemas operativos/programas que se precisen para instalar as máquinas están en \\almacen\recursos. Se aí non estivera o que precisaras ponte en contacto cos administradores para ubicar aí o que desexes.
  • Sobre S.O. e programas a usar daranse instrucións a semana que vén de como proceder.
  • Cada máquina que vaia creando o usuario debe ter o seguinte nome de SO:
SO Nome de Carpeta
Linux <Distribucion> Debian,Ubuntu...)
Windows XP XP
Windows 7 w7
Windows 10 w10
Window 2008 2k8

Exemplos:

...\MaquinasVirtuais\asir1-ao5pepe\Ubuntu 
...\Máquinas Virtuais\asir1-ao5pepe\2k8

Os nomes dos cursos pódense ver en comun.
  • Se se precisan dúas máquinas co mesmo SO o usuario debe numeralas,Exemplo: xp, xp2, xp3, etc.
  • O DISCO DURO debe ter o tamaño máis pequeno posible.
  • Parámetros de configuración da máquina virtual unha vez instalada
Nome equipo <curso><número equipo>-<SO> Exemplo: asir103-2k3
Nome de Usuario Obrigatorio para toda máquina. Se hai problemas con algunha máquina e é preciso entrar este usuario debe existir en cada máquina.Usuario: administrador (ou no seu defecto admin)Contrasinal: abc123. (o punto tamén)Ese usuario debe ser administrador da máquina
Dominio <curso><número equipo>-<dom>Exemplo: asir103-dom
Grupo Traballo <curso><número equipo>-<grupo>Exemplo: asir103-grupo
IPs Aulas (se se desexa acceso a internet, tarxeta en modo Bridge).

<10>. <número aula> . <so> . <número equipo real> = 1-254.

Atención, recorde que o número de equipo do profe (por exemplo a22eq00 remata en .100 (10.22.0.100)

Exemplo A: 1ª máquina virtual con XP na Aula 22 e no equipo 3 ==> 10.22.1.3
Exemplo B: 4ª máquina virtual con Debian na Aula 22 e no equipo 3 ==> 10.22.4.3

Dept. Informática / Sala Profes(se se desexa acceso a internet).
<10>.<200> . <YXX> . <número equipo><Y>=1

Dept. Informática, =2
Sala Profesorado.<XX>=00-08. Número de ordenador no que se está a traballar.
Exemplo: SO = XP no ordenador 03 do Dep. de Informática. => 10.200.103.0 SO = outro XP no ordenador 03 => 10.200.103.1

Máscara 255.255.0.0 (Clase B) salvo que se desexen realizar outras prácticas.
Porta enlace 10.aula.0.254 – Só se debe usar se se vai conectar a internet senón nada. No Depto. e Sala de Profesores a porta de enlace é: 10.200.0.254
DNS 10.0.4.1 – Só se debe usar se se vai conectar a internet senón nada.
  • É importante que cada profesor recolla na programación as medidas a empregar no caso do mal uso das máquinas virtuais.

Rango de direccions IP para profesorado de Informatica

  • O profesor en cada aula seguirá o esquema indicado nas pautas de creación de máquinas virtuais. Recordar que a IP do equipo do profesor remata en 10.AULA.0.100
  • Para o traballo con máquinas nos departamentos e sala de profesores, seguir os puntos seguintes de recomendacións:
    • IMPORTANTE: Antes de asignar unha IP da lista consultar se alguén máis na sala está empregando a IP que queredes.
    • O mellor é que lle poñades a IP correspondente cambiando o derradeiro díxito, que faga referencia ó número de equipo.
  • Rangos de IP dispoñibles para uso en: DEPTO. DE INFORMÁTICA, FCT e SALA DE PROFESORES:


    • Departamento de INFORMATICA
Rango: 10.200.200.0 - 10.200.200.49
Máscara: /16
Gateway: 10.200.0.254
DNS: 10.0.4.1
    • Departamento de FCT
Rango: 10.200.200.50 - 10.200.200.99
Máscara: /16
Gateway: 10.200.0.254
DNS: 10.0.4.1
    • Sala de PROFESORES
Rango: 10.200.200.100 - 10.200.200.149
Máscara: /16
Gateway: 10.200.0.254
DNS: 10.0.4.1

Antiga versión en PDF deste documento: Archivo:Pautas a seguir para crear unha máquina virtual.pdf

Veiga (discusión) 18:32 3 nov 2021 (CET)