Diferencia entre revisiones de «Página principal»

De Guía e Titoriais de Adaptación ó IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(GDPR- Reglamento General de Protección de Datos en Centros Educativos)
(Protocolo de Protección de Datos)
Línea 352: Línea 352:
 
= Protocolo de Protección de Datos =
 
= Protocolo de Protección de Datos =
  
[http://Protocolo%20de%20Protección%20de%20Datos%20Persoais https://www.edu.xunta.gal/portal/protecciondatos]. Ano 2022. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
+
[https://www.edu.xunta.gal/portal/protecciondatos https://www.edu.xunta.gal/portal/protecciondatos]. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
  
 
= URL streaming en directo presentacions e conferencias Youtube IES San Clemente =
 
= URL streaming en directo presentacions e conferencias Youtube IES San Clemente =

Revisión del 11:41 2 may 2024

Sumario

Introducción

Benvido ó IES San Clemente.

Nesta web, atopará información de uso e manexo dos recursos do centro do IES San Clemente de Santiago de Compostela.


Pack de Benvida ó IES San Clemente

(En elaboración...)

Recomendacións se é a primeira vez que accedes ó IES San Clemente

INFORMACIÓN XERAL
0 O acceso á rede do IES San Clemente está totalmente centralizado.
1 Para acceder aos computadores do IES San Clemente necesitamos ter un nome de usuario e contrasinal. Se somos estudantes eses datos serán facilitados no inicio do curso. Se somos profesores teremos que rexistrarnos no CECASACLE.
2 Dispomos de 3 plataformas educativas de Teleformación.


3 Acceso ás plataformas educativas:
  • Para Bacharelato e ESA a Distancia: usuario e contrasinal facilitado na matrícula ou a través do propio centro.
  • Para Ciclos Formativos Presenciais: o mesmo usuario e contrasinal empregado na rede informática do IES San Clemente.
  • Para Ciclos Formativos a Distancia: usuario e contrasinal facilitado pola Xunta ou Unidade de Atención a Centros. Telef.: 881 997 701


4 Os profesores ficharán a asistencia ó centro a través da plataforma da plataforma de Bacharelato (https://www.iessanclemente.net) có usuario e contrasinal facilitado polas persoas encargadas da súa xestión. Non confundir co usuario e contrasinal empregado para acceder aos computadores do centro.
5 Os profesores e alumnos que usen a plataforma de Ciclos Formativos Presenciais (https://mestre.iessanclemente.net) terán que acceder a primeira vez co seu usuario e contrasinal, cumprimentar o formulario con datos extra e o e-mail de contacto (recoméndase deixar o de @iessanclemente.net).
6 Una vez rexistrados na plataforma, os profesores terán que facilitar á persoa encargada os datos dos módulos que imparte para que proceda a rexistra-los como profesor deses módulos no Mestre.


Os profesores facilitarán ós seus alumnos a matriculación automática nos seus módulos, empregando un contrasinal que configurarán dentro do Mestre.

7 Todos os usuarios alumnos/profesores/pas… etc. terán un usuario e contrasinal que lles permitirá acceder ós recursos dispoñibles na rede, entre os que destacamos:
  • Carpeta persoal para almacén dos documentos persoais: (Unidade L: )
  • Acceso a recursos (unidade R: )con material multimedia, máquinas virtuais, software, etc.
  • Acceso a carpetas común para cada grupo e ciclo onde o profesor deixará exercicios e documentos importantes.
  • Os profesores disporán ademáis doutra carpeta común (unidade T:) coa información das carpetas de departamentos, etc.


8 Para poder usar as impresoras do centro, simplemente teremos que agregar o Dispositivo ou Impresora buscando no Directorio a zona e a impresora que queremos agregar. No caso dos profesores recoméndase empregar as fotocopiadoras da sala de profesores e 2ª planta.
9 As fotocopiadoras da sala de profesores e 2ª planta tamén dispoñen de servizo de escáner que permiten enviar os documentos dixitalizados á carpeta Escaner da unidade común para profes. Na conserxería tamén se facilita dito servizo.
10 Para usar a cabina de audio hai que reservar a data e hora na conserxería. Se está libre poderase empregar en calquera intre. Os alumnos que desexen empregar dito servizo terán que falar co profesor correspondente que se encargará de face-la reserva.
11 Temos un servizo de acceso WIFI gratuíto para todos os usuarios pertencentes ó centro. Os usuarios terán que acceder co seu usuario e contrasinal da rede do instituto, aceptar e instalar o certificado e a partir dese intre o móvil ou dispositivo conectarase automaticamente á rede cando esté dispoñible.


As redes dispoñibles son:

  • SCT_Alumnos (rede wifi para uso do alumnado)
  • SCT_Profes (rede wifi para uso do profesorado, pas, administrativos, etc.)


En época de exames a rede wifi de SCT_Alumnos estará desactivada.

12 Alumnos e profesorado do centro teñen acceso ó programa Google Apps for Education. Deste xeito poden disfrutar de espazo en Google Drive, e dunha conta de correo personalizada do estilo usuario@iessanclemente.net, sendo o usuario o mesmo empregado para acceder aos computadores do centro. Dita conta hai que activa-la a través de gmail.com.


Recoméndase encarecidamente o emprego de dita conta de correo, xa que están creadas listas de distribución automática que permiten enviar información de forma rápida ós alumnos dun grupo, ós profesores dun grupo, a tódolos alumnos, profesores, etc.


Máis axuda nesta propia web en Correo electrónico - Google Apps for Education.

RECOMENDACIÓNS E ATALLOS
13 Non facilitar a ninguén o meu usuario e contrasinal.
14 Gardar sempre os meus arquivos e documentos na carpeta persoal (unidade L: faise copia diaria, e instantáneas cada 3-4 horas, recuperables fácilmente por cada usuario dende Windows. Por exemplo si borramos un arquivo sin querer e vaciamos o lixo, podemos recuperalo có botón dereito->Propiedades->Versións Anteriores).
15 Non deixar no escritorio documentos e programas. Deixar soamente accesos directos. Si hai que reinstalar ese PC pérdense eses datos.
16 Soamente os profesores poderán notificar calqueira tipo de incidencia ou petición a través da web de https://soporte.iessanclemente.net


Os alumnos falarán có profesor ou profesora para indicar a anomalía atopada, e se éstes non poden soluciona-la, encargaranse de abrir o ticket correspondente na web de https://soporte.iessanclemente.net

17 Se empregamos VirtualBox lémbrate sempre de configurar a primeira vez en Preferencias a ruta ónde se almacenarán as máquinas virtuais. Unidade D:\MáquinasVirtuais. Así evitarás que as túas máquinas virtuais se copien ó teu perfil persoal ocupando moitas Gb na unidade C: ou no teu perfil (móvil para profesores).
18 Se eres profesor/a acostuma a limpar os taboleiros ó rematar a clase, especialmente cando sexa a última da mañá ou da tarde.
Combinacións de CTRL + TECLA
CTRL + C Copiar
CTRL + X Cortar
CTRL + V Pegar
CTRL + [+] Aumentar Zoom (navegadores web, pdf’s, etc.)
CTRL + [-] Disminuir Zoom (navegadores web, pdf’s, etc.)
CTRL + [0] Poñer Zoom ó tamaño por defecto.
CTRL + Roda Rato Mantendo pulsada a tecla de CTRL, poderemos facer zoom nun documento ampliando ou disminuindo movendo a roda do rato.
CTRL + Z Desfacer
CTRL + Y Refacer



NESTA WEB DE AXUDA PODERÁS ATOPAR INFORMACIÓN DE CÓMO FACER MOITAS DAS RECOMENDACIÓNS DO PACK DE BENVIDA

Sistema Informático do IES San Clemente

Sistema-Informático.jpg

Acceso á rede informática do centro

Políticas de seguridade en contrasinais

Acceso á Plataforma educativa Bacharelato

Acceso á Plataforma educativa Ciclos Formativos

Centro de Soporte de Incidencias

Configuración do proxy da rede no IES San Clemente

  • Para unha correcta navegación polas páxinas do centro e especialmente nas páxinas da Xunta de Galicia, recoméndase configurar o proxy dos navegadores web correctamente.
  • En Windows por defecto o proxy xa está configurado para os navegadores Google Chrome e Internet Explorer. Coa opción Usar a configuración do proxy do sistema, funciona correctamente.
  • Para outros navegadores poderase activar a opción de Autodetectar configuración del proxy para esta red, ou Usar la configuración del proxy del sistema ou ben configuralo de xeito manual (por exemplo en equipos con LINUX).

En sistemas operativos LINUX haberá que configuralo de xeito manual, aínda que tamén a configuración de autodetección funciona correctamente dependendo do sistema empregado e sempre e cando a IP sexa asignada dinámicamente polo servidor DHCP do centro.

Configuración de proxy para dispositivos móviles, tablets de tipo IOS ou Android

Nos dispositivos móviles, tablets, ipads, etc... para que funcionen correctamente as páxinas da Xunta hay que configurar o Proxy Rede na conexión WIFI.

Para iso temos que ir á configuración da Wifi do IES San Clemente (SCT_Alumnos ou SCT_Profes) e nas opcións ou información da conexión teremos que buscar o apartado "Configurar proxy" e teremos que seleccionar a opción "Configuración Automática" e introducir a seguinte URL:

http://10.0.0.2/proxy.pac

Exemplo de configuración en dispositivo IOS

IOS-proxy-1.jpg

IOS-proxy-2.jpg

Configuración do PROXY DA REDE para dispositivos e navegadores Firefox ou Chrome

Configuración do proxy en Firefox

Ir a Opciones:

Proxy-firefox-1.jpg

Tecleamos proxy en el buscador de opciones:

Proxy-firefox-1-1.jpg

  • Pulsar en Red -> Configuración...
  • Podemos probar a marcar a opción "Autodetectar configuración proxy para esta rede", e comprobar si xa funciona a conexión á Xunta: https://www.xunta.gal/portada
  • Se aínda así non funciona entón teremos que facelo manualmente e introducir en URL para la configuración automática de proxy a seguinte dirección:
http://10.0.0.2/proxy.pac

Proxy-firefox-2.jpg

Configuración do proxy en Chrome

O navegador Chrome soe detectar automáticamente a configuración do proxy, pero si non accede correctamente ás páxinas web da Xunta faremos o seguinte:

Pulsar no icono superior dereito para ir Configuración:

Proxy-Chrome-1.jpg

Teclearemos no buscador de opcións proxy:

Proxy-Chrome-2.jpg

  • Podemos probar a marcar a opción "Detectar la configuración automáticamente", e comprobar si xa funciona a conexión á Xunta: https://www.xunta.gal/portada
  • No caso de que non vaia entón marcar a opción Utilizar scripts de configuración automática e introducir un dos seguintes enderezos:
http://10.0.0.2/proxy.pac

ou éste outro:

http://proxy/proxy.pac

Proxy-Chrome-3.jpg


Veiga (discusión) 10:19 22 sep 2023 (CEST)

Cómo exportar-importar marcadores de Firefox y Chrome

Repositorio local de paquetes Linux

Acceso por FTP a servidores externos - modo FTP Activo

Control de switches en Aulas

Configuracion acceso a rede wifi da Xunta

  • Arquivo PDF coa información necesaria para conectarse á rede wifi da Xunta edu.xunta.gal:
Archivo:Instruccions-conexion-edu.xunta.gal.pdf
  • Perfil de configuración para dispositivos IOS (iPhone, iPad, Macbook..):
Archivo:Edu.xunta.gal.mobileconfig

Normas Uso Recursos Informáticos

Normas de uso dos recursos informáticos do IES San Clemente

Uso da rede Telefónica de Voz IP do IES San Clemente

Sistema-Telefonia-VozIP.jpg

Instruccións básicas uso do teléfono Mitel - Rede Corporativa da Xunta

Extensións Telefónicas do IES San Clemente

Unidades de de almacenamento

Almacenamiento.jpg

Recursos de rede e locais

Maquinas Virtuais

Servidores de bases de datos para o alumnado

Servidores-Bases-Datos.jpg

Acceso bases de datos do alumnado: MS SQL Server, MySQL, PostgreSQL e MongoDB

Servidor de BBDD XML: eXisdb (Pendente)

Creación de dominios e sitios web .local no IES San Clemente

Hospedaxe.local.jpg

Creacion de dominios .local no IES San Clemente

Manual de uso do panel de control ISPConfig

Impresoras, escáner e fotocopiadoras

Impresoras.jpg

Cómo agregar unha impresora, uso do escáner e fotocopiadoras do centro

Plataforma educativa de Ciclos Formativos Mestre (moodle)

Plataforma-Moodle.jpg

Como activar-desactivar a auto-matriculacion automatica de alumnos en modulos

Cómo matricular-desmatricular alumnos-profesores de xeito manual

Cómo modificar o e-mail do noso perfil en Moodle

Cómo resetear un curso en Moodle

Exportar-Importar cursos en Moodle 2.x

Guardar copia de seguridad de curso Moodle

Correo electrónico IES San Clemente - Google Apps for Education

Google-Apps-IES-San-Clemente.jpg

Introduccion a Google Apps for Education

Aprendizaje de Google Apps for Education

URL de acceso a servicios de IES San Clemente en Google Apps

Como crear o noso correo en iessanclemente.net

Como redireccionar todo o correo de edu.xunta.es á conta de iessanclemente.net ou outra diferente

Como redireccionar todo o correo de iessanclemente.net a outra conta de correo

Listado de Grupos de Distribucion de correo en iessanclemente.net

Limpeza de contactos e grupos antigos na conta de Gmail de iessanclemente.net

Contas especiais en Google Apps for Education

AWS Academy no IES San Clemente

Introducción a AWS Academy

Rexistro no programa AWS Academy como profesorado

Acceso a AWS Academy como profesorado rexistrado

Rexistro no programa AWS Academy como alumnado

Acceso a AWS Academy como alumnado rexistrado

OFFICE 365 no IES San Clemente

Acceso a Office 365 Web para alumnado e profesorado do IES San Clemente

Configuración correo electrónico Xunta de Galicia

Configuración do correo electrónico edu.xunta.gal da Xunta no IES San Clemente

Oracle Cloud for Education no IES San Clemente

Rexistro na academia de Oracle e solicitude de contas na Oracle Cloud

Configuracion correo edu.xunta.es en dispositivos móviles

Nova configuración do correo electrónico en dominios edu.xunta.es

Configuracion Acceso WIFI Rede IES San Clemente

Wifi-IES-San-Clemente.jpg

Configuración WIFI dispositivos Android

Configuración WIFI dispositivos IOS - Apple

Configuración WIFI dispositivos Linux

Servizo de Cloud do IES San Clemente

Acceso ó cloud do IES San Clemente

Servizo de Video-titorías rápidas do IES San Clemente

Acceso servizo video-titorias rapidas do IES San Clemente

Servizo ARIES Acceso Remoto IES San Clemente

O servizo ARIES de Acceso Remoto

Uso de tableta dixitalizadora Wacom Intuos e Openboard en sistemas de videoconferencia

Configuración da tableta dixitalizadora Wacom Intuos

Configuración do software Openboard

Integración da tableta e software de videconferencia Google Meet, Jitsi

Uso de pantallas Clevertouch, clevershare y Airplay

Instruccions para usar Airplay nas pantallas das aulas

Activacion de grego politónico en Windows 10

Como engadir o teclado de grego politónico en Windows 10

Emuladores y soporte Flash

Como bien sabéis Google Chrome y otros navegadores han dejado de dar soporte a Flash.

  • Si alguien lo necesita por que no tiene otra opción para recursos antiguos, existe un emulador de Flash que se instala como una extensión tanto en Chrome como en Firefox.
  • Ruffle: https://ruffle.rs/
  • Para instalarlo hay que descargar la extensión (Browser extension) correspondiente desde https://ruffle.rs/#releases
  • Una vez descargado se descomprime la carpeta.
  • Y luego dependiendo del navegador se agrega la extensión manualmente.
  • En la siguiente dirección lo explican para Firefox y para Chrome: https://ruffle.rs/#usage

Protocolo de Protección de Datos

https://www.edu.xunta.gal/portal/protecciondatos. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

URL streaming en directo presentacions e conferencias Youtube IES San Clemente

https://www.youtube.com/channel/UC5KUs1t_lNMqp39JbGLLNVQ/live

IPv6 no IES San Clemente

FASE 1 de Implantación de conectividade e direccionamento IPv6 no IES San Clemente

  • Dende o día 23 de Novembro de 2020 temos conectividade IPv6 no IES San Clemente.
  • Compleouse a primeira fase na que se deu conectividade á maioría dos servidores que ofrecen servizos a través de Internet.
  • Tódolos servidores que teñan conectividade por IPv6 incorporarán o seguinte logo indicando dita funcionalidade:

Logo conectividade IPv6 no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

FASE 2 de Implantación de IPv6 a nivel interno

  • Na segunda fase (a máis longa) dotaremos de conectividade e direccionamento IPv6 a tódolos dispositivos conectados á rede do centro.
  • Nesta segunda fase teremos doble pila con IPv4 e IPv6 funcionando de xeito simultáneo no centro.
  • Máis información sobre IPv6: https://www.ipv6.gob.es/Paginas/index.aspx

Subscrición ás novas do IES

Se queres recibir por correo electrónico as novas publicadas en www.iessanclemente.net recomendamos que utilices o servizo externo follow.it:



  • Configúraa para que siga a web do IES San Clemente (ver captura "follow1").

Follow1.jpg

  • Selecciona as etiquetas das novas que sexan do teu interese, por exemplo, o alumnado e profesorado actual poderían escoller todas as marcadas como "Destacadas" e ningunha sobre "Emprego" (ver captura "follow2").

Follow2.jpg

  • O ex-alumnado podería escoller o contrario, as novas relacionadas con ofertas de emprego pero non as xerais que se publican como "Destacadas" (ver captura "follow3").

Follow3.jpg

  • Para finalizar, en "Output channel(s)", escollemos a vía de comunicación. Recoméndase "Newspaper (email)" pero tamén pode configurarse para recibir as novas por Telegram.


  • En calquera momento podemos entrar na conta de follow.it e reconfigurar as etiquetas, canais de comunicación, lingua, etc.


Publicar no Website do CLUBE

A biblioteca escolar ten un website propio que se pode visitar no enderezo https://clube.iessanclemente.net

Unha das súas seccións, Lectura estendida, permite consultar información sobre libros concretos e tamén publicala no caso de teres conta no dominio (a mesma que usas en Mestre, ou para iniciar sesión nos computadores do IES):

Clube1.jpg

Se non tes conta (alumnado de Distancia) podes solicitala escribindo a clube@iessanclemente.net


1.- Despois de iniciar sesión, se queres publicar información sobre un libro, primeiro comproba se xa ten un artigo:

Clube2.jpg


2.- Se xa existe, podes publicar a túa contribución nun comentario novo, no cadro de texto que atoparás ao pé da páxina:

Clube3.jpg

Se precisas inserir un link, podes usar este código:

👉 <a href="URLdeDESTINO" rel="nofollow ugc">Ligazón</a>


3.- En caso contrario, podes crear unha novo artigo clicando en calquera destes tres lugares:

Clube4.jpg


4.- Escribe o título do libro e unha pequena descrición como na mostra. Na dereita, escolle a categoría "lectura-estendida" e as etiquetas que mellor definan o libro en cuestión. Debaixo de "Etiquetas", en "Imaxe destacada", sube a portada que tes que descargar previamente doutro website.

Clube5.jpg

5.- Publica e comproba o resultado. Lembra que en calquera momento podes completar o artigo ou corrixir erros, editándoo. Envía un correo a clube@iessanclemente.net comunicando a nova publicación. Parabéns!!

Clube6.jpg